Canet de Mar
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
| Provincia | provincia de Barcelona | ||||
| Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
| Comarca | Maresme | ||||
| Capital | Canet de Mar (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 15.198 (2025) | ||||
| Número de fogares | 79 (1553) | ||||
| Lingua oficial | lingua catalá | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 5,6 km² | ||||
| Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
| Altitude | 15 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Pere Xirau Espàrrech (2023–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 08360 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 08040 | ||||
| Código territorial IDESCAT | 080403 | ||||
| Sitio web | canetdemar.cat | ||||
Canet de Mar é un concello español da costa do Maresme, na provincia de Barcelona, Cataluña. Está situado a 43 quilómetros de Barcelona, entre os municipios de Arenys de Mar e Sant Pol de Mar.
Segundo datos do INE tiña 14.072 habitantes en 2011. Nos últimos anos, a poboación creceu considerablemente coa expansión da presión inmobiliaria fóra dos límites da área metropolitana de Barcelona, dobrando a súa poboación en pouco máis de 10 anos.
A industria dominante no municipio, polo seu carácter costeiro, é o turismo, xunto coa explotación agrícola (a floricultura e o cultivo de amorodos), ademais da industria téxtil. En Canet de Mar atópase a Escola Universitaria de Enxeñería técnica en tecidos de punto, único centro de España que ofrece este tipo de estudos.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Canet de Mar está situado no litoral da Costa Brava, entre Arenys de Mar e Sant Pol de Mar, ao pé do Parque Natural do Montnegre e o Corredor e da Serra de Vallalta. O pùnto máis alto do concello é o Turó d'en Venteveió, con 312 metros.
Canet ten pendentes abruptas e barrancos que morren en vales polos que pasan torrentes ata chegar a rieras e coa terra erosionada pola auga fórmanse as praias.
Historia
[editar | editar a fonte]Canet de Mar nace no século XI como unha pequena aldea e coñécese entón como la Vall de Canet i Romaguera. En 1579 separouse de Sant Iscle de Vallalta.
Desde o século XI, Canet recoñeceuse como núcleo destacado cultural, artístico e social. O modernismo tamén deixou pegada grazas a Lluís Domènech i Montaner (1850-1923) coa casa Roura, a casa Domènech i Montaner, l'Ateneu Canetenc e a reforma do castelo de Santa Florentina, antiga masía fortificada restaurada no século XIX. Non se debe restar importancia ás construcións decimonónicas, contemporáneas e a outras de influencia indiana e colonial.
Demografía
[editar | editar a fonte]Conta cunha poboación de
| Gráfica de evolución demográfica de Canet de Mar[1] entre 1842 e 2021 |
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]En Canet pódense atopar interesantes construcións modernistas de Puig i Cadafalch, Calvet e Domènech i Montaner, entre outros. Edificios deste período son a Casa Roure, a casa Domènech i Montaner, e o Ateneu Canetenc. Escultores como Josep Llimona, Carles Flotats e Eusebi Arnau tamén deixaron a súa pegada no municipio.
Ademais da influencia modernista, tamén atopamos construcións como o Castelo de Santa Florentina (século XI), o templo de Sant Pere de Canet (século XVI), ou o Santuario da Misericordia (século XIX), patroa do Maresme.
Festividades
[editar | editar a fonte]- 1 de maio: Reunión en Pedracastell.
- 29 de xuño: Festa Maior de San Pedro.
- 8 de setembro: Festa Maior pequena. Día da Virxe da Misericordia.
- Os mércores celébrase o mercado semanal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Instituto Nacional de Estadística (España). "Alteraciones de los municipios en los Censos de Población desde 1842". Consultado o 15 de outubro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Canet de Mar |