Saltar ao contido

Douglas DC-4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Douglas DC-4
Imaxe do interior
Representación esquemática
Vista no inverno
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Características
 Configuración da á
Implicados
 Desenvolvedor/a
 Fabricante
Datas
 Entrada en servizo
xaneiro de 1946 Editar o valor en Wikidata
 Primeiro voo
14 de febreiro de 1942 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Cifras e dimensións
Capacidade86 Editar o valor en Wikidata
Altura8,38 m Editar o valor en Wikidata
Lonxitude28,6 m Editar o valor en Wikidata
Envergadura35,8 m Editar o valor en Wikidata
Altitude operacional6.800 m Editar o valor en Wikidata
Total producido1244 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/02kv4s Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O Douglas DC-4 é un avión cuadrimotor de pasaxeiros desenvolvido por Douglas Aircraft Company. Serviu durante a segunda guerra mundial, no bloqueo a Berlín e ata os anos 60 como avión militar. Dende 1945 moitas aeroliñas operárono por todo o mundo.

Despois de que o DC-4E demostrase ser complicado de manter e pouco rendible, Douglas respondeu ás peticións de Eastern e United cun substituto máis pequeno e sinxelo. Antes de que o definitivo DC-4 puidese entrar en servizo, o estoupido da segunda guerra mundial causou que a produción se canalizase cara a Forza Aérea estadounidense, sendo designados os seus avións C-54 Skymaster, mentres que os da Armada se designaron Douglas R5D. O primeiro, un C-54, voou dende Clover Field en Santa Monica o 14 de febreiro de 1942.

O tren de aterraxe en triciclo do DC-4 permitíalle á súa fuselaxe ter unha sección transversal constante na meirande parte da súa lonxitude, polo que puido ser doadamente alongada para os posteriores DC-6 e DC-7. Fabricáronse un total de 1.163 C-54/R5D para as forzas armadas dos Estados Unidos entre 1942 e xaneiro de 1946; 79 DC-4 serían construídos despois da guerra.